viernes, 30 de mayo de 2008

Contacto

Agora nos gustaría se alguén vira o encaixe que nós facemos e se vos interesara que non tedes máis que poñersvos en contato comigo chamando ao teléfono 981737182 .

Ahora nos gustaría si alguien viera el encaje que nosotros hacemos y si os interesa que no teneis más que poneros en contacto conmigo llamando al teéfono 981737182 .

Sen máis un saúdo dunha palilleira .
Clara .

miércoles, 28 de mayo de 2008

Clara de Arou


Ola amigas sígovos falando do encaixe na miña vida . Sigo palillando que é o mellor que sei facer aínda que ao final de mes o soldo que saco non da para pipas pero é unha axuda para a economía familiar . Non digo nada , aínda que a xuventude de hoxe en día non o queira facer , porque non sacan para os seus gastos . Está moi mal pagado para o traballiño que da facelo

martes, 27 de mayo de 2008

No meu momento de palillar

Ola , son Clara de arou e vou contar algo da miña infancia .
Empecei a palillar cando tiña catro anos , aprendeume miña nai e mais miña avoa e empecei a facer labor de metro chamado "o dente de can" , logo pasei a facer "o ramón" e despois xa aprendín "a música" .
Cando tiña sete anos xa me cambiaron para unhas bandexas que lles chamaban "as galleteras" e aos dez anos xa me puxeron a facer xogos de cama chamados "a peineta" e tíñamolo que facer na semana , senón o facíamos non nos deixaban ir xogar e estábamos na palillada de sete da mañán ata as doce da noite .
Espero que a xuventude de agora non o pase tan duro coma nós daquela . Hai muito que contar pero non é bo recordar .