martes, 27 de mayo de 2008

No meu momento de palillar

Ola , son Clara de arou e vou contar algo da miña infancia .
Empecei a palillar cando tiña catro anos , aprendeume miña nai e mais miña avoa e empecei a facer labor de metro chamado "o dente de can" , logo pasei a facer "o ramón" e despois xa aprendín "a música" .
Cando tiña sete anos xa me cambiaron para unhas bandexas que lles chamaban "as galleteras" e aos dez anos xa me puxeron a facer xogos de cama chamados "a peineta" e tíñamolo que facer na semana , senón o facíamos non nos deixaban ir xogar e estábamos na palillada de sete da mañán ata as doce da noite .
Espero que a xuventude de agora non o pase tan duro coma nós daquela . Hai muito que contar pero non é bo recordar .

No hay comentarios: